martes, 27 de abril de 2010

A música de Galicia

Galicia ten un rico patrimonio folklórico de cancións e danzas populares, sendo a muiñeira a máis representativa. A muiñeira é un dos ritmos máis coñecidos e utilizado en Galicia. Fixose tan popular que sufriu múltiples variantes. Aínda que todas teñen a mesma estrutura musical, o seu ritmo é máis rápido e alegre.O nome de muiñeira pénsase que procede dos bailes que os campesiños facían nos muíños mentres esperaban para recoller a fariña.


Hai outras danzas e cantos populares que destacan: muiñeira, pandeirada, xota galega, alborada, alalás, etc.
A pandeirada garda unha gran similitude coa muiñeira, incluso algúns cren que é a antecesora desta. Aínda que adoitan executarse cantadas con acompañamento do pandeiro, este e a melodía levan distinto acento: o pandeiro, ternario, e a melodía, binario.

A xota galega está escrita en compás ternario e utilizábase moito en festexos populares para bailar, cantar e tocar.
A alborada son doce melodías. Crese que proceden dos primitivos cantos do amencer. Hoxe é basicamente instrumental. A súa métrica é binaria.
Os alalás están considerados como os cantos máis simples e primitivos de Galicia. A súa procedencia podería ser celta, o seu tempo é lento, escrito en compás binario, ternario e cuaternario.Dentro das modalidades da nosa música popular juega un papel importante o aturuxo. O aturuxo é un berro agudo, estraño. Bótase polo regular, ao final das cancións e de xeito especial cando empezan as romarías e diversións
.

0 comentarios:

Publicar un comentario