lunes, 10 de mayo de 2010

PROVERBIOS GALEGOS

Ola¡ buscando no internet vin uns proverbios galegos.Son moitos , pero son divertidos e curiosos.
Espero que vos guste. ;)
A
A cabra co vicio mete os cornos no cu.
Á forza de cortar (collóns) apréndese a capar.
Andar con pés de la
Aproveitar o farelo e tirar a fariña
A quen Deus non dá fillos, o demo cobre de sobriños
Ata o corenta de maio non che quíte-lo saio
A muller e a sardiña: pequeniña
A Cabra de farta dá cos cornos no cu
A vaca marela, do corno virado, pícalle a mosca debaixo do rabo.
Amigos moi amiguiños, pero a vaca polo que vale.
A pescada trae cola.
Avogado, sogra e doutor, canto máis lonxe mellor.
As cabras tiran sempre para o monte.
C
Cabalo grande, ande ou non ande.
Cando chove e quenta o sol, anda o demo por Ferrol.
Cando hai fame non hai pan duro.
Cando o frade dá a ovella, colle a corda e vai por ela.
Can que moito lambe saca o sangue.
Comer e cozar todo é comezar.
Colle fama e déitate a durmir.
Cóllese antes a un mentireiro cá un coxo.
Cura, garda civil e doutor canto máis lonxe mellor, cando veñen pola casa non é por cousa boa.
As campás cando tocan, non tocan para os que morren, tocan para os vivos, para que de morrer se acorden.
D
Deus dá codias a quen non ten dentes.
De balde andan os cans e levan pedradas.
De tal pano, tal saia.
Dos homes que conocín, so Adán tubo xuizo, casou con muller sen nai e viviu no paraíso.

E
En abril sae o cuco do cubil.
En maio aínda a vella queima o tallo.
Entre pau e pau descansa o lombo.
Estar na horta e non ver as verzas.
En abril augas mil.
F
Febreiriño rabo torto, cos teus días vinteoito, se tiveras máis catro, non quedaba can nin gato nin raposo no burato.
H
Home pequeno, fol de veleno.

M
Marzo marzal, á mañá cariña de rosa, á noite cara de can.
Meu dito, meu feito.
Morra o gato, morra farto.
N
Na casa do ferreiro, coitelo de pau.
No San Xoán a sardiña molla o pan.
Non se collen as troitas coas pernas enxoitas.
Nunca choveu que non escampara.
Nunca foi mal ano por moito millo.

O
Onde hai fume houbo lume.
Ovella que berra, bocado que perde.
O falar non ten cancelas.
O vrao pasou e mallou quen mallou.
O que ardeu, queimouse.
O que a pelos se mirou, nunca boa cona probou.
O que mexa, e non bota un peido, é como a gaita sen tamborileiro.
O que non aforra un misto, non aforra un cristo.
O que escarabello manda merda lle acarrexa.
O que pola noite asubía, polo demo pía.
O home promete, promete e promete ata que a mete.
P
Pan de Astorga, moito no papo pouco na andorga.
Pór o carro diante dos bois.
Polo San Martiño peóns ao camiño.
Para onde vas boi, que non ares.
Pasou o día, pasou o romaría.
Para onde vas tolo, para onde van todos.

Q
Quen fai un cesto, fai un cento.
Quen non chora non mama.
Quen non quere caldo, dúas cuncas.
Quen nunca igrexa veu, á porta dun forno fai a reverencia.
Quen nunca tivo un porco e agora ten un porquiño, anda sempre detrás del, chamándolle "quiño, quiño".
Quen ten rabo de palla sempre pensa que llo queiman.
Quentarse e non foder, é bota-la carralla a perder.
Quen da pan a can alleo, queda sen pan e sen can.
Quen a fóra a vai buscar, ou tacha ten ou a vai levar.
S
Sabe máis o demo por vello que por demo.
San Martiño trompos ó camiño, San Román trompos na man e San Amaro trompos ó faiado.
Sempre corre o ouro para o tesouro.
Se non fose polo rabo, empeñaba a burra.
Se unha muller che di que te tires pola ventá, o que tes que facer é procurar a que estea máis baixa.
Son os collóns do crego de San Servando, que sós levan catro bois, tirando.
Se a un galego lle dan auga a beber ou o foderon ou o queren foder.
Sogra, nora e xenro, son a entrada no inferno.
U
Unha sebe, 3 anos; un can, 3 sebes; un cabalo 3 cans, un home 3 cabalos.

V
Vai a vella morrendo e vai aprendendo.
Viste-me amodo que teño présa.
X
Xente de Marín, tropa do carallo.
Xente nova e leña verde, todo é fume.

0 comentarios:

Publicar un comentario